|
Libro Blanco del Comercio Electrónico |
|
|
|
|
O Libro Blanco del Comercio Electrónico é unha publicación realizada pola Asociación Española de Comercio Electrónico e Mercadotecnia Relacional que quere ser un manual para todo aquel que pretenda vender os seus produtos ou servizos a través de Internet.
O libro divídese en nove capítulos ou apartados, que tratan temas como os elementos básicos dunha tenda electrónica; os sistemas de pagamento on line; os aspectos legais a ter en conta; a operativa dunha tenda virtual; como facer promoción dela ou como fidelizar ao cliente.
En cada un dos capítulos cítanse exemplos, referencias e ferramentas de grande utilidade para calquera empresa que desexe posicionarse comercialmente en Internet. A publicación tamén achega gran cantidade de datos estatísticos, análise e proxeccións, así como as experiencias de numerosos profesionais que levan varios anos no mundo de Internet.
Toda persoa interesada pode descargar unha copia deste manual, de forma gratuíta, na dirección www.libroblanco.aecem.org.
|