Inicio
Quen somos
Premios
Viveiro de empresas
Emprendedores
I+D+i
Novas tecnoloxías
Formación
Publicacións
Sala de prensa
Contactar
.
Advertisement
Advertisement
Advertisement
Advertisement
Advertisement

 
Inicio
Administración para Emprendedores PDF Imprimir Correo-e

     O proceso de posta en marcha dunha empresa, por pequena que esta sexa, esixe dedicar tempo a analizar aspectos básicos como o ámbito, a competencia, etc. Ademais, se o emprendedor quere contar cunhas mínimas garantías de éxito, ha de estar atento a todas as esixencias e oportunidades que o mercado ofrece. Administración para emprendedores: Fundamentos para la creación y gestión de nuevos negocios, é unha excelente guía que nos pode aclarar todos estes puntos e moitos máis.

     Ao longo de 13 capítulos, o autor, Cesar Amaru, analiza os aspectos máis importantes que calquera que queira montar o seu propio negocio debe ter en conta: a elección do tipo de negocio; a mercadotecnia; a organización: a motivación e o liderado; os aspectos contables e financeiros ou a implantación son algúns dos temas que se analizan.

     En definitiva, trátase dunha publicación que nos vai permitir planear de forma minuciosa todas as etapas da creación da nosa empresa para minimizar, no posible, as probabilidades de fracaso.

 
© 2012 Fundación CEL - Iniciativas por Lugo CIF - G27213206
Joomla! es Software Libre distribuido bajo licencia GNU/GPL.