|
Franc Ponti, profesor de creatividade e innovación e consultor, analiza en Innovacción (Granica, 2009) os sete movementos que cre imprescindibles para construír unha empresa innovadora: rumbo, equipo, cambio, tendencia, creatividade, proxecto e resultado.
Ilustra a súa proposta de unión dos conceptos de innovación e acción cunha grande cantidade de exemplos reais de empresarios que innovaron nos seus negocios, transformándoos en positivo coa aplicación das técnicas e estratexias correspondentes.
Non é a primeira vez que o autor difunde no ámbito editorial a idea de innovación empresarial e a necesidade da súa sistematización para superar o medo ao cambio. Foron libros anteriores nesta liña Pasión por innovar ou La empresa creativa.
|