|
La buena suerte. Claves de la prosperidad (Empresa Activa, 2004) é unha fábula atemporal ideada hai uns anos por de Álex Rovira Celma e Fernando Trías de Bes para infundirlles optimismo e forza de vontade aos emprendedores.
O relato baséase na formulación dun reto, a busca dun trevo máxico durante sete noites nun bosque encantado para obter unha sorte ilimitada, e o peche constitúeo o decálogo de regras da boa sorte no mundo dos negocios, que se sintetiza coa seguinte afirmación: "Crear Buena Suerte únicamente consiste en... ¡crear circunstancias!".
Este libro é de lectura rápida e foi escrito en oito horas pero os seus autores tardaron máis de tres anos en identificar as dez regras.
|