|
Software Libre para una Sociedad Libre |
|
|
|
|
Software libre para una sociedad libre é unha obra de referencia para coñecer o proxecto de Richard Stallman, programador e ideólogo do Movemento polo Software Libre.
Tal e como describe na introdución dun modo sinxelo o presidente de Creative Commons, Lawrence Lessig, o reto de Stallman é buscar o modo de que o código, ou sexa, a tecnoloxía que fai que os ordenadores funcionen, sexa libre, no sentido de que o control que constrúen os codificadores sexa transparente para todos e que calquera poida tomar ese control e modificalo ao seu gusto.
O libro é un conxunto de ensaios e artigos estruturados en catro partes: O proxecto GNU e o software libre; Copyright, copyletf, patentes; Liberdade, sociedade e software; e, por último, Licenzas. Edítao en castelán Traficantes de Sueños no ano 2004, loxicamente con versión electrónica xerada en software libre, que se pode consultar no enlace:
http://biblioweb.sindominio.net/pensamiento/softlibre/.
|