|
Salir del abismo. Supera los obstáculos en tu carrera profesional (Granica, 2008) é a visión produtiva de Seth Godin ante os problemas extremos na empresa e a invitación á reflexión sobre a súa mellor solución, que non sempre é a insistencia na continuidade do proxecto senón ás veces un cambio de rumbo cun novo intento empresarial.
Se o abismo é superable, será unha satisfacción persistir e, se non é así, dar por finalizado o camiño equivocado e volver empezar. En calquera caso, o autor interpreta ambas as dúas vías como un acerto, entendendo que o abismo é tan só un sinal, un síntoma do estado de saúde do proxecto. Son anotacións moi oportunas para que emprendedores e novos empresarios non perdan a perspectiva en contextos de crise como o actual.
Seth Godin, experto en mercadotecnia e novas tecnoloxías, leva anos divulgando as súas teorías e consellos sobre estas materias e sobre os tópicos existentes no mundo da empresa en supervendas.
|