|
"Biblioteca Básica do Comercio Galego" |
|
|
|
|
Os emprendedores que se abran camiño no sector do comercio poden botar man desta colección de manuais editados pola Consellería de Innovación e Industria, a través da Dirección Xeral de Comercio, nos que se recollen cuestións estratéxicas para o desenvolvemento da actividade. Ademais, é de grande utilidade pois a temática está relacionada cos requisitos que esixe o Selo de Calidade do Comercio Galego.
Consta de trece volumes, que abordan as medidas e hábitos de aforro enerxético, a prevención de riscos laborais, a accesibilidade e eliminación de barreiras arquitectónicas, a atención ao cliente, as técnicas de escaparatismo, as técnicas de mercadotecnia e venda, a normativa básica do comercio, a guía do empaquetado e da presentación de artigos, as actuacións e prácticas que minimizan o impacto ambiental, as TIC e o comercio electrónico, o uso do galego como ferramenta estratéxica e competitiva e as técnicas e prácticas para a fidelización do cliente.
Ata a data presentáronse once, os tres últimos o pasado mes de marzo, co que só están pendentes da súa publicación dous, os relativos a normativa básica e impacto ambiental.
Cada título ten unha tiraxe de 10.000 exemplares que se distribúen gratuitamente a través de asociacións de comerciantes e das delegacións provinciais da consellería. Ademais, poden descargarse en formato PDF neste enlace:
http://www.conselleriaiei.org/dxc/biblioteca/biblioteca.html
|