Inicio
Quen somos
Premios
Viveiro de empresas
Emprendedores
I+D+i
Novas tecnoloxías
Formación
Publicacións
Sala de prensa
Contactar
.
Advertisement
Advertisement
Advertisement
Advertisement
Advertisement

 
Inicio
Grandes emprendedores del márketing PDF Imprimir Correo-e

     Chung Ju-yung, de familia campesiña e pobre, investiu os seus aforros de repartidor de sacos de arroz no porto de Inchon nun taller de coches, xerme da división automobilística Hyundai; Enric Bernal popularizou o caramelo con pau Chupa Chups; o científico Felix Hoffmann sintetizou o ácido acetilsalicílico/aspirina para Friedrich Bayer; Isaac Carasso converteu o iogur dos laboratorios e as farmacias nunha sa sobremesa que identificou con Danone; a fotocopiadora xurdiu da necesidade de Chester Carlson de copiar multitude de gráficas no seu traballo como analista de patentes; etc.

     En Grandes emprendedores del markéting. Los 100 mejores casos de la historia del markéting (Ediciones Granica, 2007), Lorenzo Iniesta rescata do esquecemento aos que considera pioneiros da mercadotecnia, emprendedores cuxa identidade e historia son descoñecidas cando en cambio lanzaron ao mercado marcas, produtos, servizos e compañías inesquecibles, e tamén emprendedores pertencentes a familias poderosas e sagas con renome que souberon herdar, innovar ou crear negocio.

 
© 2012 Fundación CEL - Iniciativas por Lugo CIF - G27213206
Joomla! es Software Libre distribuido bajo licencia GNU/GPL.