|
Manuais Prácticos da Peme |
|
|
|
|
Para poñerse ao corrente das moitas e diferentes cuestións que lles incumben ás pequenas e medianas empresas, BIC Galicia, en colaboración co Igape, lanzou unha colección de manuais prácticos. O obxectivo é dobre: por unha banda, explicar o significado de cada unha das materias que se tratan dentro da xestión dunha empresa e como se entende no contexto das pemes e microempresas e, pola outra, ofrecer unha recompilación de pautas a seguir para a execución de cada proxecto de xestión relacionado con estas materias, expoñendo ademais uns exemplos e casos prácticos.
Actualmente consta de sete volumes, que poden consultarse gratuitamente en formato PDF na páxina web de BIC Galicia. Estes son os seus títulos: Cómo convertir a mi empresa en exportadora, Cómo elaborar mi plan de marketing, Cómo realizar un estudio de mercado, Cómo utilizar Internet para mi negocio, Cómo valorar un proyecto de inversión, Innovación empresarial e Cómo aplicar el merchandising en mi establecimiento.
|