|
El libro negro del emprendedor |
|
|
|
|
Porque dos erros tamén se aprende, unha voz realista e autorizada neste campo, Fernando Trías de Bes, explica en El libro negro del emprendedor. No digas que nunca te lo advirtieron (Empresa Activa, 2007) por qué moitas iniciativas empresariais morren antes de consolidarse. A idea xorde dunha fallida busca na rede das razóns do fracaso empresarial, fronte á multitude de información achada acerca das causas do éxito.
O libro xira en torno aos catorce factores clave de fracaso que identifica o autor para que os emprendedores poidan solucionar ou evitar, como son pensar que o éxito tan só depende da idea, internarse en sectores de actividade que non gustan ou que se descoñecen, non ter espírito loitador para afrontar os imprevistos ou facer depender ao negocio de necesidades familiares e ambicións materiais.
|