|
Cartas a un Joven Emprendedor |
|
|
|
|
O profesor Pedro Nueno, experto en iniciativa emprendedora, escolle a fórmula epistolar para revisar de forma amena o proceso de emprender. Por medio dunhas cartas imaxinarias dirixidas a mozos emprendedores analiza vinte casos paradigmáticos da súa carreira empresarial.
Así, o libro (Editorial Crítica, 2007) aborda a identificación dunha oportunidade, a avaliación e concreción desta, a elaboración dun plan de negocio, a busca de recursos, a fase intensiva de operacións, a saída a bolsa e outros moitos aspectos extraídos de anos de estudo do autor sobre este fenómeno que considera vai ter un desenvolvemento espectacular no futuro.
|