|
La Nueva Gestión del Talento |
|
|
|
|
La nueva gestión del talento. Construyendo compromiso (Prentice Hall, 2008) é o último libro que sacou á luz Pilar Jericó, economista pioneira na publicación de ensaios sobre a análise do talento e o impacto do medo no desenvolvemento empresarial en España e Latinoamérica.
Abordou por primeira vez a importancia da retención e o recoñecemento do talento dos traballadores dunha empresa na súa anterior Gestión del talento (2001), do que fixo unha revisión e actualización. Incorpora agora claves renovadas para entender os factores socioeconómicos que converteron o talento nunha prioridade estratéxica e para sabelo estimular e canalizalo, como valor que é, tanto en pemes coma en grandes empresas.
|