|
Retirarse a los 40. Sé Emprendedor |
|
|
|
|
Asínao un autor que cre nas persoas e no seu talento: Óscar Sánchez, un dos artífices do desenvolvemento do negocio de Internet en España e fundador e director de Tech Sales Group, unha empresa que dende o 2003 se dedica a xerar emprendedores na sociedade.
Argumenta a través de varios relatos, incluídos o do seu propio caso, a viabilidade do seu denominado Proxecto 3.000: a forma de poder vivir ben, ti e a túa familia, con 3.000 euros, unha vez alcanzado o teito laboral, que sitúa aos 40 anos, dando o paso de empregado a empresario.
Que teñen estes relatos en común? Que os seus protagonistas non abandonaron unha situación laboral estable polo gran negocio, senón por un plan que foron corrixindo polo camiño e enfocando cara a aquilo no que realmente eran bos.
En Galicia distribúeo Grialibros e o título dálle nome ao blog de Óscar www.retirarsealos40.com.
|