|
Emprender na Empresa Familiar |
|
|
|
|
Non sempre se emprende partindo de cero, cun novo negocio, senón tomando as rendas dunha empresa familiar. Como as circunstancias neste caso son excepcionais para o emprendedor, a Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) quixo abordalas no noso ámbito directo coa edición do informe Análise da situación da empresa familiar na provincia de Lugo, froito da realización dunha enquisa en 2008.
Esta breve e práctica guía vai ao gran para optimizar a relación familia-empresa e contribuír á supervivencia deste tipo de negocios, achegando os resultados da devandita enquisa, na que participaron sesenta empresas familiares lucenses, e recomendando unha serie de pasos a seguir no momento do relevo e inicio da nova etapa.
Poderán atoparse referencias a cuestións fundamentais como a definición do Protocolo Familiar e das estruturas de goberno da empresa, a planificación sucesoria, os aspectos accionariais ou a regulación das condicións de traballo dos membros da familia.
|