|
Editadas polo Centro Europeo de Empresas e Innovación de Galicia (BIC Galicia), en colaboración co Instituto Galego de Promoción Económica e o Fondo Social Europeo, conforman a ampla colección "Oportunidades de Negocio”, de ata agora 268 volumes publicados: 142 guías de actividade empresarial, 44 microguías complementarias, 80 guías adaptadas a ámbitos locais e 2 guías xenéricas de apoio.
O seu punto forte é a aplicabilidade do seu contido no plan de empresa dun proxecto concreto, pois o índice desta colección é un auténtico directorio de todo tipo de empresas, dende as máis clásicas (librerías, carpinterías, academias de ensino, restaurantes, garderías, autoescolas...) ata as adscritas aos novos xacementos de emprego (servizos integrais en Internet, teletraballo, domótica ou consultorías ambientais, por exemplo).
Todas as guías constan dunha descrición da actividade e un perfil da empresa-tipo, a análise do contexto sectorial e do mercado, un estudo das áreas da empresa e anexos con información útil adaptada a cada caso, isto é, sobre lexislación, formación, estatísticas, etc.
Poden consultarse gratuitamente en http://guias.bicgalicia.es.
|