Inicio
Quen somos
Premios
Viveiro de empresas
Emprendedores
I+D+i
Novas tecnoloxías
Formación
Publicacións
Sala de prensa
Contactar
.
Advertisement
Advertisement
Advertisement
Advertisement
Advertisement

 
Inicio
Transformación en Indefinidos PDF Imprimir Correo-e

     Os contratos formativos, de relevo e de substitución por anticipación da idade de xubilación celebrados a tempo completo ou parcial que se transformen en indefinidos darán lugar a unha bonificación de 41,67 euros ao mes (500 euros ao ano) durante catro anos.

     Cando o contrato indefinido ou temporal sexa a tempo parcial, as bonificacións aplicaranse nas seguintes proporcións: se a xornada laboral é igual ou superior ás tres cuartas partes da xornada habitual ou a tempo completo, o 100%; se é igual ou superior á metade da xornada habitual ou a tempo completo e inferior ás tres cuartas partes da devandita xornada, o 75%; se é igual ou superior á cuarta parte da xornada habitual ou a tempo completo e inferior á metade da devandita xornada, o 50%; e, finalmente, se a xornada laboral é inferior ao 25% da xornada habitual ou a tempo completo, o 25%.

 
© 2012 Fundación CEL - Iniciativas por Lugo CIF - G27213206
Joomla! es Software Libre distribuido bajo licencia GNU/GPL.