|
Concertarase cando se acorde a prestación de servizos durante un número de horas ao día, á semana, ao mes ou ao ano inferior á xornada de traballo dun traballador a tempo completo comparable ou á prevista no convenio colectivo de aplicación ou, no seu defecto, á xornada máxima legal.
A súa duración será indefinida, ou determinada no caso de contratacións para a realización dunha obra ou servizo determinado, por circunstancias do mercado, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos, para substitución de traballadores con reserva do posto de traballo, en prácticas ou de relevo.
A xornada diaria poderá realizarse de forma continuada ou partida.
Este contrato formalizarase por escrito no modelo oficial establecido, no que deberá figurar o número de horas ordinarias de traballo contratadas e a súa distribución. Poderase pactar a realización de horas complementarias.
|