Inicio
Quen somos
Premios
Viveiro de empresas
Emprendedores
I+D+i
Novas tecnoloxías
Formación
Publicacións
Sala de prensa
Contactar
.
Advertisement
Advertisement
Advertisement
Advertisement
Advertisement

 
Inicio
Contrato de Interinidade PDF Imprimir Correo-e

     Ten como obxecto substituír un traballador con dereito a reserva de posto de traballo (en virtude de norma, convenio colectivo ou acordo individual), cubrir temporalmente un posto de traballo durante o proceso de selección ou promoción para a súa cobertura definitiva, e tamén substituír traballadores en formación por traballadores beneficiarios de prestacións por desemprego.

     Duración. Mentres subsista o dereito do traballador substituído á reserva do seu posto ou a do tempo que dure o proceso de selección ou promoción para a cobertura definitiva do posto de traballo, sen que neste último suposto poida ser superior a tres meses. En caso de extinción do contrato, non hai necesidade de preaviso, salvo pacto contrario.

     Xornada. Deberá celebrarse a xornada completa, agás se o traballador substituído estivo contratado a tempo parcial, se se trata de cubrir temporalmente un posto de traballo cuxa cobertura definitiva se vaia realizar a tempo parcial e naqueles supostos en que se acordara unha redución temporal da xornada do traballador substituído.

     A formalización do contrato farase por escrito. Contémplanse distintos tipos de incentivos aos contratos de interinidade. 

 
© 2012 Fundación CEL - Iniciativas por Lugo CIF - G27213206
Joomla! es Software Libre distribuido bajo licencia GNU/GPL.