|
O contrato eventual por circunstancias da produción ten como fin atender as esixencias circunstanciais do mercado, a acumulación de tarefas ou o exceso de pedidos, aínda tratándose da actividade normal da empresa. Poderanse determinar por convenio colectivo as actividades nas que poden contratarse traballadores eventuais e tamén fixar criterios xerais relativos á axeitada relación entre o volume desta modalidade contractual e o persoal total da empresa.
Duración. Máxima de 6 meses dentro dun período de 12 meses e poderá modificarse por convenio. Se o contrato eventual se concerta por un prazo inferior á duración máxima establecida, poderá prorrogarse por acordo das partes unha soa vez, sen que a duración total supere a duración máxima.
Formalización. Por escrito, se a súa duración é superior a 4 semanas ou cando se concerten a tempo parcial, explicando as causas ou circunstancias que o xustifique e a súa duración.
|