Inicio
Quen somos
Premios
Viveiro de empresas
Emprendedores
I+D+i
Novas tecnoloxías
Formación
Publicacións
Sala de prensa
Contactar

 
Inicio arrow Sala de prensa arrow Novas arrow Seminario Difusión Creación Empresas
Seminario Difusión Creación Empresas PDF Imprimir Correo-e
 
Alumnos do Politécnico introdúcense na atmosfera emprendedora da Fundación CEL 

     Un grupo de trinta estudantes de Formación Profesional do IES Politécnico de Lugo, alumnos das ramas de Electricidade-Electrónica e Edificación e Obra Civil, acudiron á Fundación CEL co obxectivo de iniciarse na temática empresarial á beira dos emprendedores.  

     A xornada deu comezo cunha visita ao viveiro da Fundación, onde tiveron a ocasión de ver as instalacións e coñecer os servizos ofertados e o funcionamento das empresas, así como de charlar cos seus promotores.

     Cara ás cinco e media da tarde, os rapaces asistiron ao Seminario para a Difusión da Creación de Empresas, organizado pola nosa entidade en colaboración con BIC Galicia. Ao longo de preto de dúas horas recibiron formación sobre todo o que supón dar o salto ao emprendemento, isto é, sobre aspectos a ter en conta para pór en marcha un negocio, como a modelaxe dunha idea, as causas e os condicionantes de fracasos e éxitos, as aptitudes necesarias nun emprendedor ou a avaliación idónea da viabilidade dunha iniciativa.

     Programouse ademais a exposición dun caso real e recente dun proxecto emprendido na nosa provincia por xente nova. Concepto Circo, empresa de deseño téxtil activa no viveiro dende maio de 2007, relatou a súa experiencia, poñendo así punto final ao Seminario.

 

 
© 2009 Fundación CEL - Iniciativas por Lugo CIF - G27213206
Joomla! es Software Libre distribuido bajo licencia GNU/GPL.