Inicio
Quen somos
Premios
Viveiro de empresas
Emprendedores
I+D+i
Novas tecnoloxías
Formación
Publicacións
Sala de prensa
Contactar

 
Inicio
Contratos en Prácticas PDF Imprimir Correo-e

     Concértase para facilitar a obtención da práctica profesional axeitada ao nivel de estudios cursados polos traballadores con título universitario ou de formación profesional de grao medio ou superior ou títulos recoñecidos oficialmente como equivalentes, que habiliten para o exercicio profesional. A súa duración non poderá ser inferior a 6 meses nin superior a 2 anos. 

    Retribución.
Será a fixada en convenio colectivo para os traballadores en prácticas, sen que, no seu defecto, poida ser inferior ao 60 ou ao 75% durante o primeiro ou o segundo ano de vixencia do contrato, respectivamente, do salario fixado en convenio para un traballador que desempeñe o mesmo ou equivalente posto de traballo. As citadas contías non poderán ser en ningún caso inferiores ao salario mínimo interprofesional.

     Formalización. Por escrito, facendo constar expresamente a titulación do traballador, a duración do contrato e o posto ou postos de traballo a desempeñar durante as prácticas. O empresario deberá comunicar o contido do contrato e as súas prórrogas ao Servizo Público de Emprego correspondente, no prazo de 10 días hábiles seguintes á súa concertación.

 
© 2009 Fundación CEL - Iniciativas por Lugo CIF - G27213206
Joomla! es Software Libre distribuido bajo licencia GNU/GPL.