Inicio
Quen somos
Premios
Viveiro de empresas
Emprendedores
I+D+i
Novas tecnoloxías
Formación
Publicacións
Sala de prensa
Contactar

 
Inicio
Contrato para a Formación PDF Imprimir Correo-e

     Ten por obxecto a adquisición da formación técnica e práctica necesaria para o desempeño axeitado dun oficio ou dun posto de traballo. A súa duración non poderá ser inferior a 6 meses nin superior a 2 anos, salvo que por convenio colectivo se indique outra duración, que en ningún caso poderá exceder os 4 anos.

     Os beneficiarios serán maiores de 16 anos e menores de 21; o límite de idade alcanzará os 24 anos cando o contrato se concerte con desempregados que se incorporen como alumnos-traballadores aos programas de escolas taller e casas de oficio.

     Os convenios colectivos poderán establecer o número máximo de contratos e os postos de traballo obxecto destes en función do tamaño do equipo, así como a retribución do traballador contratado.

     A formación práctica deberá realizarse baixo a tutela do empresario ou dun traballador coa cualificación ou experiencia profesional axeitada. A formación teórica estará constituída polos contidos dos módulos formativos dos certificados de profesionalidade da ocupación relacionada co oficio ou posto de traballo previstos polo contrato ou, no seu defecto, polos contidos establecidos polo Servizo Público de Emprego Estatal.

 
© 2009 Fundación CEL - Iniciativas por Lugo CIF - G27213206
Joomla! es Software Libre distribuido bajo licencia GNU/GPL.