Inicio
Quen somos
Premios
Viveiro de empresas
Emprendedores
I+D+i
Novas tecnoloxías
Formación
Publicacións
Sala de prensa
Contactar

 
Inicio arrow Sala de prensa arrow Novas arrow Seminario de Planificación Empresarial 2008
Seminario de Planificación Empresarial 2008 PDF Imprimir Correo-e
 Quince emprendedores da provincia aprenden a realizar os seus plans de empresa na Fundación CEL 

     Deu comezo no viveiro de empresas da Fundación CEL o Seminario de Planificación Empresarial, promovido por BIC Galicia e organizado pola nosa entidade en Lugo para o segundo semestre de 2008. Participan nel quince emprendedores, promotores doutros tantos novos proxectos empresariais que se van localizar na provincia.

     Esta acción formativa gratuíta, que se desenvolverá dende o 3 ata o 27 de novembro en horario de tarde, das 16:00 ás 21:00 horas, lévase a cabo co obxectivo principal de axudar aos emprendedores a realizar os seus  propios plans de negocio e a contrastar a súa viabilidade. 

     Os proxectos seleccionados encádranse en diversos sectores, tales como a publicidade, o deseño gráfico, o ocio, a xestión de residuos, o deseño de moda ou a fabricación de alimentos tradicionais. 

     O contido do seminario abordarase en sete sesións de traballo de carácter eminentemente práctico. En concreto, estudaranse a figura do emprendedor e da empresa, a análise de mercado, os procesos e a organización interna maila viabilidade económica e financeira dos proxectos. Así mesmo, como complemento ás sesións formativas haberá dúas titorías personalizadas.

     Xunto coa Fundación CEL, colaborou na captación destes proxectos a Confederación de Empresarios de Lugo.

 

 
© 2009 Fundación CEL - Iniciativas por Lugo CIF - G27213206
Joomla! es Software Libre distribuido bajo licencia GNU/GPL.