Inicio
Quen somos
Premios
Viveiro de empresas
Emprendedores
I+D+i
Novas tecnoloxías
Formación
Publicacións
Sala de prensa
Contactar

 
Inicio
Contratos de Persoas con Discapacidade PDF Imprimir Correo-e

     A súa finalidade é a integración laboral das persoas discapacitadas.

     As empresas públicas e privadas que empreguen a 50 ou máis traballadores están obrigadas a cumprir unha cota de reserva de polo menos o 2% para traballadores con discapacidade. De modo excepcional, ditas empresas poderán quedar exentas de contratar persoas discapacitadas, de forma parcial ou total, ben a través de acordos recollidos na negociación colectiva sectorial de ámbito estatal (no seu defecto, de ámbito inferior), ben por opción voluntaria do empresario, debidamente comunicada á autoridade laboral, e sempre que en ambos os dous casos se apliquen as medidas alternativas regulamentarias.

     Enclave laboral. É o contrato entre unha empresa do mercado ordinario de traballo, chamada empresa colaboradora, e un centro especial de emprego para a realización de obras ou servizos que garden relación directa coa súa actividade. Serve para facilitar a transición de traballadores con discapacidade dende o emprego protexido nun centro especial de emprego ao emprego ordinario na empresa colaboradora, axudando así ao cumprimento da cota de reserva. 

 
© 2009 Fundación CEL - Iniciativas por Lugo CIF - G27213206
Joomla! es Software Libre distribuido bajo licencia GNU/GPL.