|
Contratos de Maiores de 59 Anos |
|
|
|
|
Os contratos de carácter indefinido dos traballadores de 59 anos, cunha antigüidade na empresa de 4 ou máis anos, darán dereito á redución do 40 por 100 da achega empresarial na cotización á Seguridade Social por continxencias comúns, salvo por incapacidade temporal derivada destas, sobre as cotas devengadas dende a data de cumprimento dos requisitos antes sinalados.
Se ao cumprir os 59 o traballador non ten a devandita antigüidade na empresa, a redución será aplicable a partir da data en que alcance a antigüidade. A duración da redución da achega empresarial será dun ano, salvo que, nunha data anterior, os interesados cumpran os requisitos para ser beneficiarios das bonificacións reguladas no Programa de Fomento do Emprego, en cuxo caso se aplicarán dende a devandita data estas últimas.
Poderán ser beneficiarias da redución as empresas, incluídos os traballadores autónomos e sociedades laborais ou cooperativas ás que se incorporen traballadores como socios traballadores ou de traballo, sempre que estas optaran por un réxime de Seguridade Social propio de traballadores por conta allea. En canto aos requisitos que deben cumprir, as exclusións na aplicación da redución, contía máxima, incompatibilidades ou reintegro de beneficios, aplicaranse as previsións contidas no Programa de Fomento do Emprego.
|