Inicio
Quen somos
Premios
Viveiro de empresas
Emprendedores
I+D+i
Novas tecnoloxías
Formación
Publicacións
Sala de prensa
Contactar

 
Inicio
Contrato Indefinido Acollido o Novo Programa de Emprego PDF Imprimir Correo-e

     Ten por obxecto fomentar a contratación de determinados colectivos de traballadores en situación de desemprego, por tempo indefinido ou duración determinada, a tempo completo ou a tempo parcial, no seu caso.

     Os colectivos cos que se concerta este tipo de contrato de traballo son os seguintes: traballadoras desempregadas; desempregadas contratadas nos 24 meses seguintes á data do parto ou da adopción ou acollemento; desempregadas que se reincorporen ao emprego despois de 5 anos de inactividade laboral se anteriormente á súa retirada estiveron en situación de alta e traballando polo menos 3 anos; desempregados maiores de 45 anos; desempregados novos de 16 a 30 anos; traballadores inscritos como desempregados ininterrompidamente na Oficina de Emprego durante polo menos 6 meses; traballadores con minusvalidez; traballadores que teñan acreditada a condición de vítima de violencia de xénero ou doméstica, sen que sexa necesaria a condición de desempregado; e traballadores desempregados en situación de exclusión social acreditada polos órganos competentes.

     Incentivos. Os contratos indefinidos iniciais a tempo completo ou parcial, incluídos os fixos discontinuos, celebrados a partir do 1 de xullo de 2006, darán dereito a bonificacións, que varían segundo o colectivo ao que pertenza o traballador contratado.

 
© 2009 Fundación CEL - Iniciativas por Lugo CIF - G27213206
Joomla! es Software Libre distribuido bajo licencia GNU/GPL.