|
Contrato de Fomento da Contratación Indefinida |
|
|
|
|
É aquel que serve para facilitar a colocación estable de traballadores desempregados e de empregados suxeitos a contratos temporais.
Concertarase, polo tanto, por tempo indefinido e formalizarase por escrito, nos modelos facilitados polo Servizo Público de Emprego Estatal. Non poderá concertalo a empresa que realizara extincións de contratos de traballo por causas obxectivas declaradas improcedentes por sentenza xudicial ou que procedera a un despedimento colectivo nos seis meses anteriores á celebración do contrato.
Os contratos indefinidos iniciais, a tempo completo ou a tempo parcial, baixo esta modalidade, poden acollerse aos incentivos á contratación indefinida para o colectivo a que pertenza o traballador, sempre que se cumpran os requisitos establecidos para as empresas.
As transformacións en indefinidos, a tempo completo ou parcial, incluída a modalidade de fixos discontinuos, dos contratos formativos, de relevo e de substitución por anticipación da idade de xubilación, darán lugar a unha bonificación.
|