Inicio
Quen somos
Premios
Viveiro de empresas
Emprendedores
I+D+i
Novas tecnoloxías
Formación
Publicacións
Sala de prensa
Contactar

 
Inicio
Contrato Indefinido PDF Imprimir Correo-e

     O contrato indefinido é o concertado entre o traballador e o empresario sen establecer límites de tempo á duración da prestación dos servizos laborais.

     A súa formalización pode ser verbal ou escrita, aínda que calquera das partes pode esixir a súa formalización por escrito, mesmo durante o transcurso da relación laboral.

     Obterán un contrato indefinido automaticamente os traballadores que non fosen dados de alta na Seguridade Social unha vez transcorrido un prazo igual ao que legalmente se puidera fixar para o período de proba, salvo que da propia natureza das actividades ou dos servizos contratados se deduza claramente a súa duración temporal.

     Tamén se converterán en fixos os traballadores con contratos temporais fraudulentos e aqueles que nun período de 30 meses estivesen contratados durante un prazo superior a 24, con ou sen solución de continuidade, para o mesmo posto de traballo coa mesma empresa, mediante dous ou máis contratos temporais, directamente ou a través da súa posta a disposición por empresas de traballo temporal, coas mesmas ou diferentes modalidades contractuais de duración determinada (a excepción dos contratos formativos, de relevo e interinidade). 

 
© 2009 Fundación CEL - Iniciativas por Lugo CIF - G27213206
Joomla! es Software Libre distribuido bajo licencia GNU/GPL.