Setembro tecnolóxico
| Os próximos obradoiros da SITE, de presentación co Impress e do procesador de textos Writer, que se desenvolverán entre os días 22 e 25, póñenlle punto final ás accións formativas de setembro, organizadas pola Rede de Dinamización da Sociedade da Información e a Fundación CEL.
Os talleres, a cargo da dinamizadora Dolores Casas Abuín, duran 6 horas cada un e impartiranse de luns a xoves; o de presentacións en pantalla mediante diapositivas de 10:00 a 11:30 e o do procesador de textos de 12:00 a 13:30.
A Fundación CEL-Iniciativas por Lugo asinou un acordo de colaboración coa Consellería de Innovación e Industria, en virtude do cal se integrou na Rede de Dinamización da Sociedade da Información.
A iniciativa da Rede de Dinamización da Sociedade da Información do PEGSI (Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información) é unha das estratexias fundamentais para o desenvolvemento das políticas de inclusión na S.I. A Rede de Dinamización da Sociedade da Información axuda a levar a cabo actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e de implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información. A Rede conta con cen dinamizadores e dinamizadoras, espallados pola xeografía galega en diferentes entidades, que imparten charlas, obradoiros e cursos de alfabetización dixital e outros de moi variada temática, adaptándose ás diferentes necesidades dos colectivos sociais.
Pode obterse máis información ó respecto na web da Rede de Dinamización da Sociedade da Información, www.redededinamizacion.eu. | |