Inicio
Quen somos
Premios
Viveiro de empresas
Emprendedores
I+D+i
Novas tecnoloxías
Formación
Publicacións
Sala de prensa
Contactar

 
Inicio arrow Sala de prensa arrow Novas arrow Setembro tecnolóxico
Setembro tecnolóxico PDF Imprimir Correo-e
  Setembro tecnolóxico

     Os próximos obradoiros da SITE, de presentación co Impress e do procesador de textos Writer, que se desenvolverán entre os días 22 e 25, póñenlle punto final ás accións formativas de setembro, organizadas pola Rede de Dinamización da Sociedade da Información e a Fundación CEL. 

     Os talleres, a cargo da dinamizadora Dolores Casas Abuín, duran 6 horas cada un e impartiranse de luns a xoves; o de presentacións en pantalla mediante diapositivas de 10:00 a 11:30 e o do procesador de textos de 12:00 a 13:30.

     A Fundación CEL-Iniciativas por Lugo asinou un acordo de colaboración coa Consellería de Innovación e Industria, en virtude do cal se integrou na Rede de Dinamización da Sociedade da Información.

     A iniciativa da Rede de Dinamización da Sociedade da Información do PEGSI (Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información) é unha das estratexias fundamentais para o desenvolvemento das políticas de inclusión na S.I. A Rede de Dinamización da Sociedade da Información axuda a levar a cabo actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e de implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información. A Rede conta con cen dinamizadores e dinamizadoras, espallados pola xeografía galega en diferentes entidades, que imparten charlas, obradoiros e cursos de alfabetización dixital e outros de moi variada temática, adaptándose ás diferentes necesidades dos colectivos sociais.

     Pode obterse máis información ó respecto na web da Rede de Dinamización da Sociedade da Información, www.redededinamizacion.eu. 

 

 
© 2009 Fundación CEL - Iniciativas por Lugo CIF - G27213206
Joomla! es Software Libre distribuido bajo licencia GNU/GPL.