|
Que é? Un contrato polo que dúas ou máis persoas poñen en común capital co ánimo de repartir entre si as ganancias. Para a súa denominación pode adoptarse calquera nome, co que deberá figurar a indicación de Sociedade Civil ou a súa abreviatura.
Socios? Necesítase un mínimo de dous para constituír a sociedade. Poden ser de dous tipos: socios e socios industriais que só achegan traballo.
Capital? Non se esixe un capital mínimo para a súa constitución.
Responsabilidade? Ilimitada, co que das débedas sociais primeiro responderá a sociedade e despois os socios ilimitadamente co seu patrimonio persoal.
|