Inicio
Quen somos
Premios
Viveiro de empresas
Emprendedores
I+D+i
Novas tecnoloxías
Formación
Publicacións
Sala de prensa
Contactar

 
Inicio
Sociedade Colectiva (S.C. ou S.R.C.) PDF Imprimir Correo-e

     Que é? Unha entidade xurídica mercantil, de carácter personalista, na que todos os socios, en nome colectivo e baixo unha razón social, se comprometen a participar, na proporción que establezan, dos mesmos dereitos e obrigas. A súa denominación deberá incluír o nome de todos os socios, dalgúns ou dun (engadíndose nos dous últimos casos "e Cía."), seguido do tipo de forma xurídica ou a súa abreviatura.

     Socios? Intégrana dúas clases de socios: capitalistas, que achegan bens á sociedade, e industriais, que só achegan industria, é dicir, traballo, servizos ou actividade en xeral.

     Responsabilidade? Todos os socios responden persoal, ilimitada, solidaria e subsidiariamente das débedas sociais.

     Vantaxes? Non se esixe mínimo legal para o capital social e a responsabilidade ilimitada permite obter préstamos doadamente xa que existe o aval implícito do patrimonio de todos os socios.

 
© 2009 Fundación CEL - Iniciativas por Lugo CIF - G27213206
Joomla! es Software Libre distribuido bajo licencia GNU/GPL.