|
Sociedade Comanditaria por Accións (S. en C. ou S. Com.) |
|
|
|
|
Que é? Unha entidade xurídica mercantil cuxo capital está dividido en accións. Nesta sociedade intégranse dous tipos de socios: colectivos, que asumen necesariamente a administración da sociedade, e comanditarios, que participan na organización a través da Xunta Xeral.
Socios? Necesítanse como mínimo dous socios para constituíla, un dos cales polo menos ten que figurar como socio colectivo.
Capital social? Dividido en accións, non poderá ser inferior a 60.101,21 euros e deberá estar desembolsado polo menos o 25% no momento da constitución.
Responsabilidades? Os socios colectivos responden persoal e solidariamente, con todos os seus bens presentes e futuros, das débedas sociais. Os socios comanditarios, en cambio, responden ata o importe das súas achegas.
|