|
Sociedade Comanditaria Simple (S. en C. ou S. Com.) |
|
|
|
|
Que é? Unha entidade xurídica mercantil, de carácter personalista, na que coexisten socios colectivos que achegan capital e traballo e xestionan a sociedade e socios comanditarios que só achegan capital e non interveñen na xestión. A súa denominación debe estar formada polo nome de todos os socios colectivos, dalgún deles ou de só un (engadindo nestes casos "e Compañía"), seguido do tipo de forma xurídica ou a súa abreviatura.
Socios? O número de socios necesario para a constitución é de 2.
Vantaxes? Non se esixe ningún capital mínimo para a súa constitución e permite a acumulación de capital sen que os socios comanditarios interfiran na xestión social.
Responsabilidades? Os socios colectivos responden persoal e solidariamente das débedas sociais, mentres que a responsabilidade dos socios comanditarios se limita á súa achega.
|