Inicio
Quen somos
Premios
Viveiro de empresas
Emprendedores
I+D+i
Novas tecnoloxías
Formación
Publicacións
Sala de prensa
Contactar

 
Inicio
Sociedade Anónima (S.A.) PDF Imprimir Correo-e

     Que é? Unha entidade con personalidade xurídica propia, de natureza mercantil, cuxo capital está dividido en accións. A súa denominación non poderá ser idéntica á doutra sociedade existente e nela deberá figurar o tipo de forma xurídica ou a súa abreviatura. O número mínimo de socios fundadores é dun, tratándose neste caso dunha Sociedade Anónima Unipersoal.

     Constitución? Hai dous procedementos: simultánea, cando todos os promotores outorgan a escritura social e subscriben todas as accións, ou sucesiva, cando se fai unha promoción pública da subscrición das accións antes de outorgar a escritura.

     Capital social? O mínimo esixido é de 60.101,21 euros. Deberá estar totalmente subscrito no momento da constitución e desembolsado polo menos nun 25% o valor nominal de cada unha das súas accións.

     Vantaxes? Os socios non responden das débedas sociais co seu patrimonio persoal, a condición de socio pode transmitirse libremente mediante a venda de accións e é doada a súa expansión pois prima o capital achegado fronte á personalidade dos socios.

 
© 2009 Fundación CEL - Iniciativas por Lugo CIF - G27213206
Joomla! es Software Libre distribuido bajo licencia GNU/GPL.