Advertisement
 

Inicio
Quen somos
Premios
Viveiro de empresas
Emprendedores
I+D+i
Novas tecnoloxías
Formación
Publicacións
Sala de prensa
Contactar





¿Recuperar contrasinal?
¿Quere rexistrarse? Rexístrese aquí

 
Inicio
Xunta Xeral 2008 PDF Imprimir Correo-e
  A Fundación CEL celebra a Xunta Xeral do 2008 cun balance positivo

     O pasado luns 30 de xuño, ás 20:00 horas, tivo lugar no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo a reunión anual dos membros da Xunta Xeral da Fundación CEL.

     No seu transcurso, fíxose un repaso das actividades levadas a cabo por esta entidade ao longo do ano 2007 e informouse do programa de actuacións previsto para o exercicio 2008 e do seu orzamento, o cal foi aprobado polo Padroado, órgano de goberno da Fundación, na súa última reunión do 2007.

     O obxectivo prioritario da Fundación CEL segue a ser a potenciación do tecido empresarial lucense e o fomento da cultura emprendedora.

     Como actividade máis destacada falouse do Programa Viveiro de Empresas, que ata o presente axudou a xerar 45 novas iniciativas empresariais para Lugo, das cales 27 xa se independizaron e 18 continúan no seu seo, co que se encontra ao 82% da súa ocupación. No que vai de ano, saíron del 3 empresas (Pazo de Orbán e Sangro, Timbergal e Innolact) e incorporáronse 5 (iTtecno, Quinta Sacra, Hachedé, SMi e Pleiteando.com). O volume de investimento efectuado na provincia polo conxunto destas empresas excedeu os 16 millóns de euros e creáronse máis de 360 postos de traballo directos.
   
     Ademais, a Fundación CEL manterá no 2008 as súas principais iniciativas de apoio aos emprendedores: a convocatoria dos Premios Anuais, a Axencia de Emprego, a Sala de Innovación Tecnolóxica Empresarial (SITE), o traballo en rede con outras entidades dedicadas ao emprendemento e mailas accións formativas e de difusión da cultura emprendedora.

     Noutra orde de cousas, tamén se informou á Xunta do nomeamento oficial de Luis García Santalla como presidente executivo da nosa entidade.

 
© 2008 Fundación CEL - Iniciativas por Lugo CIF - G27213206
Joomla! es Software Libre distribuido bajo licencia GNU/GPL.