|
Sociedade Limitada Nova Empresa (SLNE) |
|
|
|
|
Que é? Unha especialidade da Sociedade Limitada, creada para estimular a creación de empresas, fundamentalmente as de pequena dimensión, cun aforro de tempo e de diñeiro. A denominación social componse dos dous apelidos e o nome dun dos socios fundadores, máis un código alfanumérico único e a forma xurídica ou a súa abreviatura.
Socios? Só poden selo persoas físicas e o número máximo de socios no momento da constitución é de cinco. Permítese a Sociedade Limitada Nova Empresa Unipersoal.
Capital social? Non poderá ser inferior a 3.012 euros, capital mínimo que se desembolsará integramente mediante achegas monetarias, nin superior a 120.202 euros.
Vantaxes? Constitución rápida e sinxela (telemática), obxecto social xenérico, incentivos fiscais en forma de aprazamento de impostos nos primeiros anos e posibilidade de réxime simplificado de contabilidade.
|