|
Sociedade Limitada (S.L.) |
|
|
|
|
Que é? Unha entidade con personalidade xurídica propia, de natureza mercantil, cuxo capital social está integrado polas achegas dos socios divididas en participacións iguais. Non hai límite de socios e poden selo persoas físicas ou xurídicas.
Capital social? O capital social mínimo esixido é de 3.005,06 euros, desembolsado totalmente no momento da constitución. As achegas ao capital poden ser non monetarias e divídense entre os socios en participacións iguais.
Responsabilidade? Limitada ao capital achegado á sociedade; a sociedade responde con todo o seu patrimonio e o socio arrisca unicamente o importe da súa achega.
Vantaxes? Capital mínimo reducido, funcionamento democrático dos órganos de goberno (os acordos tómanse por maioría), exención de responsabilidade persoal nas débedas sociais e posibilidade de constitución cun único socio como Sociedade Limitada Unipersoal. É a forma xurídica societaria máis elixida.
|