|
Que é? Unha persoa física con capacidade legal para realizar actividades empresariais e dedicado a elas habitualmente, obrando en nome propio. O empresario individual é o único socio e titular da empresa.
Quen pode ser empresario individual? Calquera persoa maior de idade coa libre disposición dos seus bens, os menores de idade emancipados e, excepcionalmente, os menores de idade coa libre disposición dos seus bens a través dos seus representantes legais.
Cal é a súa responsabilidade? Ilimitada, pois responde de todas as operacións que realice no marco da súa actividade empresarial non só co patrimonio da empresa senón tamén co seu patrimonio persoal presente e futuro, mesmo cos bens conxugais sempre e cando actuara no exercicio do comercio co consentimento, expreso ou tácito, do seu cónxuxe.
Que vantaxes ten? É unha forma xurídica idónea para empresas de tamaño reducido como, por exemplo, comerciantes ou profesionais, xa que non esixe un capital mínimo inicial e é a que menos trámites require.
|