|
O "confirming" é un instrumento financeiro que permite formalizar operacións de cobramentos e pagamentos entre unha empresa e os seus provedores.
O intermediario, a empresa de "confirming", garante o pagamento aos provedores dunha empresa mediante o pagamento das facturas antes do seu vencemento: emite unha carta de pagamento ao provedor polo importe correspondente e págao no momento en que este presenta a factura, logo de emisión de orde de pagamento por parte de comprador.
A principal vantaxe do "confirming" para a empresa compradora é a redución dos gastos que lle suporía encargarse internamente da xestión administrativa dos pagamentos. Pola súa parte, con este servizo, o provedor ve asegurado o cobramento anticipado do cen por cento do importe das súas facturas.
|