Inicio
Quen somos
Premios
Viveiro de empresas
Emprendedores
I+D+i
Novas tecnoloxías
Formación
Publicacións
Sala de prensa
Contactar

 
Inicio
Business Angels PDF Imprimir Correo-e

     Os "business angels" son investidores privados que ofrecen aos emprendedores financiamento para que poidan poñer en marcha os seus proxectos empresariais. Considérase que os seus precursores son os Reis Católicos, por patrocinar a arriscada expedición de Cristóbal Colón ás Indias.

     Os emprendedores reciben deles capital, coñecementos técnicos e unha rede de contactos persoais e, en contrapartida, os "business angels" obteñen unha plusvalía a medio prazo, ademais do prestixio de seleccionar e impulsar un proxecto de éxito.

     A diferenza dos investidores tradicionais e do capital risco, os "business angels" implícanse na xestión inicial do negocio, se ben os importes investidos son menores (entre 25.000 e 250.000 euros) e a súa zona de actuación se restrinxe ás proximidades do seu lugar de residencia.

     Cada vez son máis as redes nacionais creadas para captar este investimento privado e facer promoción así de empresas novas con alto potencial de crecemento. Este é o caso da Rede BANG (Business Angels Network Galicia), a primeira rede galega, coa que a Fundación CEL mantén un convenio de colaboración.

 
© 2009 Fundación CEL - Iniciativas por Lugo CIF - G27213206
Joomla! es Software Libre distribuido bajo licencia GNU/GPL.