Inicio
Quen somos
Premios
Viveiro de empresas
Emprendedores
I+D+i
Novas tecnoloxías
Formación
Publicacións
Sala de prensa
Contactar
.
Advertisement
Advertisement
Advertisement
Advertisement
Advertisement

 
Inicio
Forfaiting PDF Imprimir Correo-e

     O "forfaiting" é unha modalidade de financiamento das exportacións que consiste no desconto sen recurso, por unha entidade financeira, dos dereitos de cobramento de efectos mercantís que instrumentan o pagamento diferido de operacións comerciais de compra/venda. Ao ser unha venda definitiva, os instrumentos de pagamento que se utilizan implican unha promesa incondicionada e irrevogable de pagamento, sendo os máis usuais as letras e as obrigas de pagamento.

     Co "forfaiting" pódese realizar a venda tendo asegurado o seu cobramento, desaparece o risco de crédito e os derivados do tipo de cambio e de interese, mellóranse a liquidez e o ratio de solvencia da empresa, elimínanse os custos de administración e xestión dos cobramentos e a contratación non comporta custos de intervención.

     O "forfaiting" consiste na compra sen recurso ao posuidor de efectos, obrigas de pagamento (avalados ou non), créditos documentarios ou garantías bancarias sobre compromisos de pagamento, representativos de operacións comerciais.

 
© 2012 Fundación CEL - Iniciativas por Lugo CIF - G27213206
Joomla! es Software Libre distribuido bajo licencia GNU/GPL.