Inicio
Quen somos
Premios
Viveiro de empresas
Emprendedores
I+D+i
Novas tecnoloxías
Formación
Publicacións
Sala de prensa
Contactar

 
Inicio
Microcrédito PDF Imprimir Correo-e

     O microcrédito é un préstamo de pequena contía que se lles concede ás microempresas para facilitarlles o acceso ao financiamento das necesidades dun determinado proxecto, sen necesidade de aval e sen máis garantías que a viabilidade do propio proxecto.

     En Galicia atópase en vigor a Liña microempresa do Igape, con microcréditos que se empregan para a formulación de operacións de préstamo ou de "leasing" para investimentos en activos fixos. O importe máximo da operación é de 25.000 euros, o tipo de interese fixo do 4,90% para o primeiro semestre de 2008, o prazo de amortización de 5 anos (incluído un ano de carencia opcional como máximo) e a amortización parcial ou total sen custo. Ademais, o microcrédito está garantido ata un 80% polas Sociedades de Garantía Recíproca e non se esixen garantías adicionais ás do promotor da empresa.

     Tamén se habilitou para este ano un programa de créditos para mulleres galegas emprendedoras e empresarias, tras a sinatura dun convenio de colaboración entre Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, Caixanova e Caixa Galicia.

     O inventor do microcrédito, Muhammad Yunus, foi galardoado co premio Nobel da Paz 2006.

 
© 2009 Fundación CEL - Iniciativas por Lugo CIF - G27213206
Joomla! es Software Libre distribuido bajo licencia GNU/GPL.