|
O "factoring" é unha operación comercial que consiste na cesión a un intermediario financeiro (entidade de crédito ou filial especializada) dos dereitos de cobramento sobre os clientes dunha empresa. O "factor" ou empresa de "factoring" encárgase da xestión e a contabilización destes créditos, podendo asumir o risco de insolvencia dos debedores, así como o desconto de tales créditos mediante o seu anticipo a favor do seu cliente.
O "factoring" ofrécelle ao cliente servizos de carácter administrativo que permiten a simplificación das tarefas contables, unha maior eficiencia da xestión dos debedores ou a axuda na selección da clientela. Tamén presta servizos de carácter financeiro que permiten a obtención de liquidez e aumento da tesouraría e a posibilidade de eliminación do risco de non pagamento dos compradores ("factoring" sen recurso).
A súa principal vantaxe é que non consume risco bancario, aínda que se perde o control sobre os clientes e o seu custo pode ser elevado.
|