Inicio
Quen somos
Premios
Viveiro de empresas
Emprendedores
I+D+i
Novas tecnoloxías
Formación
Publicacións
Sala de prensa
Contactar

 
Inicio
Leasing PDF Imprimir Correo-e

     O "leasing" é unha fórmula de financiamento baseado nun contrato de arrendamento con opción de compra sobre bens mobles e inmobles afectos a unha actividade empresarial que posibilita dispoñer dun elemento de activo fixo sen dispoñer de fondos ou acudir ao crédito. O usuario, como contraprestación, deberá aboar periodicamente unha cota para recuperación do custo do ben, excluído o valor da opción de compra e a carga financeira.

     A diferenza do préstamo, nun "leasing" é a financeira quen adquire a propiedade do ben cedéndonos o uso do mesmo e a vantaxe práctica é que a adquisición dun activo a través dun "leasing" permite acelerar a súa velocidade de amortización e, en consecuencia, anticipar os aforros fiscais que a amortización xera.

     A duración do "leasing" non poderá ser inferior a 2 anos se se financian bens mobles nin inferior a 10 para bens inmobles, prazo que hai que elixir coidadosamente pois a cancelación anticipada adoita ser moi gravosa.

 
© 2009 Fundación CEL - Iniciativas por Lugo CIF - G27213206
Joomla! es Software Libre distribuido bajo licencia GNU/GPL.