Inicio
Quen somos
Premios
Viveiro de empresas
Emprendedores
I+D+i
Novas tecnoloxías
Formación
Publicacións
Sala de prensa
Contactar

 
Inicio
Desconto Comercial PDF Imprimir Correo-e

     O desconto é unha das formas de financiamento a curto prazo máis empregada polas pemes. A súa operativa é sinxela: cando a empresa ten saldos non vencidos, normalmente documentados en obrigas de pagamento ou letras de cambio, pode acudir á entidade financeira para que lle anticipe o diñeiro que os seus clientes se comprometeron a pagarlle nun futuro.

     Normalmente, as empresas nesta situación abren unha póliza de desconto, que lles permite presentar efectos ao desconto á súa discreción coas limitacións descritas na póliza (volume máximo a descontar simultaneamente e vencemento máximo).

     Esta vía de financiamento presenta as vantaxes de ser moi accesible, consumir poucas garantías e non ter un vencemento explícito. Non obstante, sumados os intereses, gastos e comisións, o seu custo adoita ser elevado.

 
© 2009 Fundación CEL - Iniciativas por Lugo CIF - G27213206
Joomla! es Software Libre distribuido bajo licencia GNU/GPL.