Inicio
Quen somos
Premios
Viveiro de empresas
Emprendedores
I+D+i
Novas tecnoloxías
Formación
Publicacións
Sala de prensa
Contactar
.
Advertisement
Advertisement
Advertisement
Advertisement
Advertisement

 
Inicio
Préstamo e Crédito PDF Imprimir Correo-e

     O préstamo é unha cantidade de diñeiro pactada entre a entidade financeira e o cliente, obrigando este último ao pagamento dun interese e á devolución do nominal ou principal de acordo cun determinado calendario de amortización.

     O crédito é unha cantidade de diñeiro pactada entre a entidade financeira e o cliente que se pon a disposición deste último nunhas determinadas condicións e durante un certo prazo; o cliente poderá dispoñer da cantidade estipulada en contrato en función das súas necesidades puntuais.

     As principais diferenzas entre ambos instrumentos financeiros son que no crédito só se pagan intereses polo capital disposto, mentres que no préstamo se pagan pola totalidade; o crédito pode ser renovado varias veces ao seu vencemento e en cambio o préstamo deberá pagarse no prazo establecido; as operacións de crédito realízanse xeralmente a curto prazo (entre varios meses e un ano) e os préstamos adoitan ter un prazo de amortización maior; e os préstamos adoitan financiar investimentos mentres que o crédito adoita dedicarse máis a operacións de consumo correntes.

 
© 2012 Fundación CEL - Iniciativas por Lugo CIF - G27213206
Joomla! es Software Libre distribuido bajo licencia GNU/GPL.