|
Sociedades de Garantía Recíproca |
|
|
|
|
As Sociedades de Garantía Recíproca (SGR) son entidades financeiras cuxo obxecto social fundamental consiste en facilitarlles o acceso ó crédito e a outras liñas de financiamento bancario, a través do aval, ás pequenas e medianas empresas que por falta de garantías non poderían obtelos.
Estas sociedades manteñen ademais convenios coas entidades de crédito, de modo que conseguen mellores condicións de tipo e prazo de interese e diminúen así os custos de financiamento para a empresa.
A maiores dos avais de carácter financeiro, as SGR tamén poden conceder avais comerciais ou de tipo técnico, que responden do incumprimento dos compromisos contraídos xeralmente polo avalado ante algún organismo público.
Ademais, os empresarios asociados reciben o asesoramento de expertos sobre o seu proxecto de investimento.
En Galicia operan dúas SGR: AFIGAL, con sedes nas provincias de Lugo e A Coruña, e SOGARPO, nas de Pontevedra e Ourense.
|