Inicio
Quen somos
Premios
Viveiro de empresas
Emprendedores
I+D+i
Novas tecnoloxías
Formación
Publicacións
Sala de prensa
Contactar
.
Advertisement
Advertisement
Advertisement
Advertisement
Advertisement

 
Inicio
Capital Risco PDF Imprimir Correo-e

       As empresas que presentan dificultades para acceder a fontes de financiamento tradicionais poden obter recursos financeiros de entidades de capital risco, ben na súa etapa inicial ou ben na de madureza, a consecuencia dun proceso de expansión ou reestruturación. As entidades de capital risco toman participacións no capital da empresa co obxectivo de que esta aumente o seu valor e, unha vez madurada a inversión, se poida retirar con beneficios.

       En Galicia están asentadas seis entidades de capital risco. Xesgalicia, participada nun 70% polo Igape, conta con varios fondos para financiamento a longo prazo, actividades novidosas ou que apliquen novas tecnoloxías ou para sociedades en dificultades, pero técnica e financeiramente viables.

       Tamén están asentadas en Galicia: Gescaixa Galicia, cuxo principal investidor é Caixa Galicia; Uninvest e Unirisco Galicia, orientadas ao apoio de proxectos empresariais no ámbito universitario; Venturell e Vigo Activo.

 
© 2012 Fundación CEL - Iniciativas por Lugo CIF - G27213206
Joomla! es Software Libre distribuido bajo licencia GNU/GPL.