|
Plan de prevención de riscos laborais |
|
|
|
|
As empresas con traballadores por conta allea están obrigadas a subscribir un Plan de Prevención de Riscos Laborais, que inclúa a avaliación de riscos e a planificación da acción preventiva.
O empresario pode elixir entre asumir el mesmo a xestión da prevención, designar un ou varios traballadores para que o fagan, crear un servizo de prevención propio ou contratar un externo.
En canto aos traballadores, debe comprometerse a formalos sobre os riscos e as medidas aplicadas para previlos, tanto no momento da contratación como cando se produza algún cambio no posto de traballo. Así mesmo, ha de vixiar a súa saúde periodicamente e permitir a súa participación no marco de todas as cuestións que afecten á seguridade e á saúde no traballo.
As empresas deben conservar toda a documentación relacionada co Plan de Prevención. Ademais, en caso de que dispoña dun servizo de prevención propio, deberá concertar unha auditoría externa do seu sistema de xestión da prevención.
|